Update of the cause
João Manuel Peres Lijó
João Manuel Peres Lijó, Teaming Manager, on 19/04/2024  at 14:56h

28 de abril: comezamos a deseucaliptizar Baroña (Porto do Son)

A actividade forma parte da iniciativa Laboratorio Ecosocial do Barbanza

As Brigadas deseucaliptizadoras arribamos á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña (en Porto do Son) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

A primeira intervención será o domingo 28 de abril de 9:30 a 14:00, na que machacaremos rebentos de eucalipto de xeito manual. Celebraremos o tradicional xantar de albaroque no local da Comunidade (que tambén será o punto de saída para a zona de traballos). Na parte da tarde, convidámosvos a coñecer a Praia de Baroña co seu monumental castro (pouca xente sabe que boa parte da zona arqueolóxica é parte do monte veciñal!).

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o xoves 25 de abril enviando un email a info@montescola.org Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!
https://www.verdegaia.org/wp/28-de-abril-comezamos-a-deseucaliptizar-barona-porto-do-son/

This forum is only for the Teamers and Teaming Managers of this Group.
To comment: